I Gala Asociación Empresarios de Vilalba

Tecnorenova obtén o premio ó "Empresario do ano" e Carpers ó "Emprendedor do ano"

O Venres 22 de Febreiro ás 20.30 horas no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba tivo lugar a I Gala Asociación de Empresarios de Vilalba cun éxito rotundo de asistencia ó evento.

A Gala estivo presentada polo noso socio e amigo Toni López García, xornalista deportivo da Radio Galega, e amenizada polo cómico Rafa Durán que nos fixeron pasar unha velada agradable e chea de emocións.

Tony García, presentando a Gala
Tony García, presentando a Gala
Rafa Durán, amenizando a Gala
Rafa Durán, amenizando a Gala
Álvaro Fraga, presidente da Asociación de Empresarios Sete - Pontes

A Gala comezou ca palabra do Presidente a Asociación de Empresarios Poligono Sete Pontes, Álvaro Fraga, na que fixo incapé na importancia do empresario da comarca e do traballo que se está a facer dende a asociación para seguir medrando a industria e postos de traballo na zona.

Además da palabra do Presidente da Asociación contamos cas intervencións do Alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, noso invitado de Honra José Janeiro Cazón, o Presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela e o Presidente de Aje Lugo, Mauricio Repetto.

Alberto Román, Empresario do Ano

O premio para o Empresario do Ano foi para ​Alberto Román, CEO de Tecnorenova, empresa de construcción, mantemento y reparación de parques eólicos, a cal factura 25 millones de euros ó ano e suma xa os 150 empleados directos.

«Foron doce anos de longo camiño, non moi fácil, para lograr impulsar a sociedade.Tecnorenova son moitas persoas que axudaron moito, porque sen elas sería imposible», comentou o empresario, nervioso, tras recoller o galardón no que estaba nominado xunto ás empresas Grupo Senso, dedicado á enxeñería, Maderas Goiriz e a empresa de construcción Cholo SL.

Marta Seoane, Emprendedora do Ano

Carpers Gin, a marca a través da que Marta Seoane obtivo o galardón de Emprendedora do Ano. Trátase de un proxecto da fabricación dunha xinebra natural y artesá, elaborada con ingredientes totalmente naturais e elaborada na parroquia de Román, na que o súa forte inclusión no mercado das bebidas espirituosas e ca que alcanzará a producción de 15.000 botellas fixo posible a obtención de este premio.

Nesta categoría competía ca empresa Indoor Vilalba, centro deportivo, e Maquinaria Agricola Roberto.

5 Mencións de Honra a empresarios da comarca

Na Gala tamén tiveron lugar 5 mencións de Honra a empresarios da comarca:

Sanjurjo Moda
Mariví Sanjurjo recolleu a mención ó empresario no sector servizos. A firma de moda, cunha traxectoria de máis de 60 anos, conta con cinco puntos de venta na provincia de Lugo.

HUSO 29 Renovables
Ernesto Prieto, xerente do grupo, obtivo a mención o empresario vilalbés no exterior. A Empresa, situada en As Somozas, traball na instlación e mantemento de parques eólicos e factura uns 13 millóns de euros aproximadamente.

Entrepinares
A queixería vallisoletana Entrepintares xunto co director da planta vilalbesa, Javier Gato, foron premiados pola responsabilidade social e empresarial na zona, na que contan con más 100 empleos na vila.

Grupo Lactalis
O director da empresa do sector lácteo, Moncho Marrube, recollei a mención de honra á internacionalización. Sendo unha das principales industrias de Vilalba.

Severiano Agrocomercial
José Castro recoolleu a distinción como empresario da comarca, empresa que pertence ó Grupo Severiano de As Pontes.

Imaxes da I Gala Empresarios de Vilalba

Video completo da Gala