Entidades beneficiarias
Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma
xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas
traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo
radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto
Incentivar a contratación realizada dende o 30/09/2023 ao 29/09/2024. Inclúe catro modalidades de axudas:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas
desempregadas (de 6.000 euros a 24.500 euros).
b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións
indefinidas, de tempo parcial a tempo completo de 2.000 euros a 3.000 euros).
c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos
fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses (4.000 euros).
d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas
con discapacidade (1.000 euros).
Prazo de presentación
de solicitudes
Comezará o día 26 de xaneiro de 2024 e rematará o 29 de
setembro de 2024.
Ligazóns de interese
Bases:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240119/AnuncioG0656-030124-0005_gl.pdf
Extracto:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240119/AnuncioG0656-030124-0006_gl.pdf