A Asociación de Empresarios Sete-Pontes nace no ano 1991, como unha entidade sen ánimo de lucro. A día de hoxe, conta con mais de 200 socios e asociados dentro do tecido empresarial de Vilalba que dan traballo en torno a 2000 persoas. Este dato, mostra claramente a importancia e repercusión do traballo e das actividades que dende a Asociación se realizan.
Un dos nosos principais cometidos, é a defensa dos intereses dos nosos socios e asociados a través dun labor de unión cas Administracións, axentes sociais e empresariais e outras
asociacións sectoriais, atendendo sempre ás necesidades de información, asesoramento, formación, promoción e innovación; e así contribuír ó desenvolvemento económico de Vilalba
e a súa zona de influencia.
É por esta razón que nos vemos na obriga de poñer de manifesto o descontento da Asociación polas decisións que se están a tomar recentemente dende o Concello de Vilalba e a Concellería de Economía, Facenda, Infraestruturas e Urbanismo en relación co Polígono Industrial Sete Pontes, xa que como aparece publicado na prensa destes días, se vai a iniciar
un proxecto cun custo de 20.000 € para humanizar unha zona do Polígono que dende hai anos ven sendo utilizada tanto polas empresas, como polos seus clientes, como polos usuarios do
Camiño de Santiago, sen producirse ningún tipo de problema nin de prexuízo a ningunha das partes.
E mais, creemos que o problema que se pode crear e moito peor que a motivación da decision adoptada nos seguintes aspectos:
- Crearíase un gran fluxo de vehículos cara as rúas interiores do Polígono, que afectaría directamente á seguridade viaria tanto dos usuarios como dos Peregrinos, nos que se xustifica esta actuación do Concello, e que finalmente estaría poñendo en maior risco a súa integridade a cambio dunha suposta humanización con pedras de granito e
arbustos. - A multitude de vehículos que usan e aparcan nesa zona, tanto das propias empresas de Vilalba como de clientes dos negocios do Polígono, non terían unha zona de aparcamento e descanso habilitada e de capacidade suficiente.
- Os dias de afluencia ao Tanatorio que está na zona, xeraríase un caos de vehículos e persoas que tería un impacto impredecible na circulación dentro do Polígono, poñendo en risco as persoas que alí acoden, e malestar nas empresas colindantes por esa falta de aparcamento.
- Os días de concurrencia na Asociación (charlas, reunións, formacións,..) e na cafetería tanto os usuarios como os socios e asociados non terían espacio para aparcar.
Dende a Asociación, somos perfectos coñecedores da importancia económica e social que supón en Vilalba o Camiño de Santiago e que entre todos os axentes temos que traballar para que o noso pobo dé unha boa imaxe aos peregrinos, pero esta decisión prima uns motivos contrarios ás necesidades dos nosos socios e en definitiva do pobo de Vilalba sin dar ningunha solución, e recordando que estamos a falar de unha zona industrial e prioritaria para a comarca.
Ademais creemos que dentro de esa suposta mitigación do impacto negativo ós peregrinos ó que fai referencia o concelleiro Luis Fernandez e no que basea o proxecto e o gasto de
20.000€, poderíase empregar na mellora e humanización de outras zonas do Polígono máis urxentes, como xa temos solicitado e para o cal non temos resposta, por riba disto, chámanos
a atención que se critique o uso de esta zona, cando e ahí onde aparcan e incluso lavan o camións de recollida de lixo dende hai seis meses, como se pode apreciar nas imaxes adxuntas
(chegadas por algunhos socios).
Por todo isto, é de primordial necesidade unha colaboración directa entre a Asociación e o Concello nos puntos comúns que afectan ós sectores económicos dos nosos socios: primario, industrial, servizos e comercio. Un claro feito de que isto non e así polo momento, é que dende Outubro, a primeira, e Novembro, a segunda, temos varias solicitudes para solucionar temas de vital importancia para o tecido empresarial que nestes momentos aínda non foron contestadas por parte da Administración. Ademáis, consideramos un agravio maior o feito de decidir unilateralmente acerca das dotacións de infraestruturas do Polígono sen tan sequera consultar ou polo menos comunicar a ningún órgano do consello rector da Asociación este tipo de medidas e sen propoñer ningunha outra opción nin solución ante os graves inconvintes que vai a xerar, xa que a Asociación e a principal coñecedora das necesidades do Polígono. Un exemplo positivo de que traballando da man o Concello coa nosa Asociación se acada melloras para o noso pobo temos a Campaña de comercio do Nadal, onde se colaborou estreitamente coa Concelleira de Turismo para promover o comercio local e o resultado si que é satisfactorio para os nosos veciños e comerciantes. Dende a Asociación de empresario Sete Pontes de Vilalba desexamos que este proxecto poda ser modificado para evitar que se produzcan incidencias na seguridade viaria das personas e vehiculos que entran no Polígono diariamente e que os nosos socios e asociados non se vexan inxustamente damnificados por esta decisión.