Proxecto de Urbanización Ampliación Parque Empresarial de Vilalba

Hoxe tivo lugar a presentación do “Proxecto de Urbanización Ampliación Parque Empresarial de Vilalba” que promove a nosa asociada Quesería Entrepinares, S.A.U.
Procedeuse á verificación do replanteo para poder iniciar a obra, segundo confirmou Javier Gato, Director da Planta.
Na presentación, á que asistiron o Alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde e o Presidente da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Álvaro Fraga, explicouse que a ampliación terá unha superficie de 85.732 m2. O parque contará con 65.732 m2. de uso industrial, con superficies entre 1.076 e 51.092 m2, unha parcela de 2.868 m2 para uso dotacional, unha zona verde dd 9.115 m2. unha zona destinada a viario de 4.163 m2. e un aparcamento de 3.762 m2 cun total de 155 prazas.
Roberto Cabezas, Director de Comunicación da Compañía, declarou que con esta iniciativa Queserías Entrepinares quere seguir contribuíndo ó crecemento e dinamización da actividade industrial na sociedade vilalbesa.
A firme aposta de Queserías Entrepinares por Galicia dende 2010 coa pista en marcha da súa factoría de Vilalba destinada á producción de queixos tradicionais, queixos de untar e produtos lácteos en po, materializouse nestes 9 anos nuns investimentos de máis de 112 millóns de euros e a creación de 170 empregos estables como unha forma de entender a xestión de empresa dunha maneira responsable.