VILALBA LATE


Vilalba Late máis forte que nunca.

 

Nun ambiente cheo de amor, a campaña de San Valentín "Vilalba Late" chegou ao seu fin, deixando un rastro de amor e participación en toda a comunidade. Desde o 7 até o 17 de febreiro, Vilalba Late ofrecía aos seus habitantes a oportunidade de celebrar o amor de diversas maneiras, destacando sorteos e premios exclusivos.

 

A campaña lanzouse con entusiasmo a través das redes sociais, especialmente na conta de Instagram de Empresarios Vilalba. A publicación inicial anunciaba sorteos que incluían ceas no prestixioso restaurante Lar Os Pios, bonos de Saúde e Gastronomía no Hotel Spa Attica21 de Vilalba e vales de 50 euros para o comercio local.

 

Para poder gañar un destes premios había dúas formas de participar. Por unha banda sorteáronse na conta de instagram dous vales de compra de 50 euros e o resto de premios podíanse gañar coas compras realizadas entre o 7 e o 17 de febreiro

 

Esta campaña tivo unha alta participación cun total de 3806 papeletas entregadas en 52 comercios participantes. Ademais, a promoción dos vídeos da campaña tivo unha alta acollida nas redes sociais. A resposta da comunidade superou as expectativas, demostrando o éxito da iniciativa.

 

Os afortunados gañadores foron anunciados a través de Instagram:

-          Melisa Barja Fernández levou un bono de Saúde e Gastronomía no Hotel Spa Attica21 Vilalba

-          Xaqueline González Fernández e Sandra Domínguez Fernández desfrutarán de cenas no Lar Os Pios.

-          Constantino Gil Cendán e Ángeles García Calaza levaron vales de 50 euros para o comercio local.

 

Co corazón cheo de amor, Vilalba espera con entusiasmo futuras iniciativas que se anunciarán proximamente. Estade atentos!

 

Contigo, Vilalba Late máis forte que nunca.