Presentación I Gala da Asociación de Empresarios

Onte tivemos o pracer de presentar a “I Gala da Asociación de Empresarios”, que terá lugar o próximo venres 22 de febreiro ás 20:30 no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba.

Na presentación contamos coa presenza de: D. J. Manuel Balseiro Orol, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, D. Agustín Baamonde Díaz, alcalde de Vilalba, D. J. Martín Paz Carral, director de Caixa Rural Galega en Vilalba e D. Álvaro Fraga Castro, presidente da Asociación de Empresarios Sete-Pontes.

Co obxectivo de promover o recoñecemento social da figura do empresario e divulgar o desempeño do seu labor ó servizo da sociedade, a Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba convoca a «I Gala de Empresarios».
Estes premios supoñerán para os empresarios ganadores a proxección, a través dos medios de comunicación e publicidade, da súa actividade empresarial. Ó mesmo tempo, servirá de exemplo de superación mostrando que o emprendemento é unha oportunidade de desenvolvemento laboral, económico, persoal e social.

Dende a Asociación de Empresarios Sete Pontes comprácenos invitarvos a este evento, onde se entregarán os premios “Empresario do Ano 2018” e “Emprendedor do Ano 2018”

Durante o acto tamén se otorgarán mencións especiais á Internacionalización, á Responsabilidade Social Empresarial, ó sector servicios, ó empresario vilalbés no exterior e ó empresario da comarca da Terra Chá.

A Gala celebrarase o venres 22 de febreiro ás 20:30 (recepción de asistentes ás 20:00) no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba e contará coa presenza do Padriño da Gala.

A continuación terá lugar a cena oficial no Parador de Vilalba, para a que será necesario retirar os tickets que estarán a disposición dos interesados no local da Asociación, na Parrillada “A Revolta” e no propio Parador.

Presentación de Candidaturas

O modelo de candidatura deberá ser cumprimentado e entregado xunto coa documentación complementaria en formato dixital á Asociación de Empresarios Sete Pontes na seguinte dirección electrónica: contacto@poligonosetepontes.com

As candidaturas presentadas deberán axustarse en modo, tempo e forma ó exposto nas bases dos Premios e estar debidamente documentadas e razoadas, con datos e información que se consideren oportunos para fortalecer as propostas e ser suficientes para que o xurado poida analizalas en profundidade.
As candidaturas, xunto coa documentación señalada nas bases, terá que remitirse antes das 14:00 horas do martes 12 de febreiro de 2019.
*A Xunta Directiva poderá presentar candidaturas de entre os seus socios e asociados.

Bases Premios I Gala de Empresarios