A pandemia do COVID19 está a xerar unha emerxencia sanitaria, social e económica de tal envergadura que solo mediante a solidariedade e colaboración de todas as persoas, administracións, organismos, asociacións e demáis compoñentes da sociedade podemos superala e facer posible e máis rápida a recuperación.
E por iso que dende Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba, Medrar Smart Solutions e Imglo Hosting como asociados, queremos aportar o noso pequeno grao de area e así poñemos en marcha unha plataforma dixital de colaboración cidadá que sirva para conectar aos voluntarios e asociacións coas persoas que necesiten calquera tipo de axuda nestes momentos de incertidume e crise xeralizada.
O obxectivo é poder conectar todas as accións solidarias que están a manifestar os veciños e veciñas de Vilalba para que todos eses esforzos SUMEN e que a solidariedade chegue a todos os fogares.
Todas as novidades desta plataforma poderalas seguir dende a propia páxina de Vilalba Suma e tamén no noso Facebook
Os usuarios intereseados en participar neste proxecto podrán inscribirse como voluntariados ou como demandantes nos seguintes enlaces:
https://vilalbasuma.org/formulario-colaboradores/
https://vilalbasuma.org/formulario-solicitantes/
INSCRICIÓN E VALIDACIÓN DE VOLUNTARIOS:
O punto de partida desta plataforma na súa versión 1.0 sería a inscrición e validación dos voluntarios en canto o seu perfil e as tarefas que poden facer, para isto é necesaria a máxima difusión entre os que queremos BOTAR UNHA MAN para poder catalogar e ofrecer os máximos servicios nas diferentes áreas de axuda.
ÁREAS DE AXUDA E EXEMPLOS
– SOCIAL: persoas que se ofrecen a facer a compra ou levala a casa, confirmar si
algún veciño ten algunha necesidade especial, persoas que dende as súas redes
sociais queren facer mais levadeiro o confinamento dos demais e comparten
actividades, sacar a pasear os cáns cando unha persoa maior non pode…
– PROFESIONAL: empresas ou profesionais que ofrecen os
seus servicios a persoas afectadas pola crise de forma gratuíta, como avogados,
asesores , peritos, veterinarios ..
– SAUDE: médicos que poden resolver dúbidas por teléfono, nutricionistas que
dan consellos…
– DOCENCIA: Mestres
que dan clases de reforzo, profes de idiomas que se ofrecen a dar horas de
inglés ou francés,…
– CULTURA: poetas que ensinan e comparten poesía, músicos que ensinan a tocar un instrumento, interpretes que ensinan teatro,…
– DEPORTE: deportistas, técnicos deportivos ou afeccionados que poden compartir unha rutina de entrenos ,..
– LÚDICO: músicos que fan un concerto, DJ que ofrece unha sesión de música, xente que se brinda a xogar online,..
– RURAL: abrimos esta área de forma separada porque consideramos que o rural polo seu envellecemento e dispersión social pode ser un punto de necesidades especiais, co cal podemos establecer voluntarios que podan axudar a esta xente dende o propio rural cando necesidades non sexan dixitais ou telefónicas e teñan que ser coa presenza física. Aquí poderíamos incluír a gandeiros que poidan axudar nas labores de desinfección cos seus tractores e maquinaria.
*No plan de validación sería necesario establecer os días e horarios nos que o voluntario ofrece o seu servicio á comunidade.
COMUNIDADE
O seguinte paso na plataforma 2.0 será a creación do catalogo de servicios dos voluntarios e así poder comunicalo e difundilo entre todos os veciños e veciñas e as súas familias. Aquí é moi importante a labor de apoio das asociacións, clubs e entidades… mediante os equipos directivos e os asociados para que se poda chegar ao maior número de xente e así ter a confianza de que ningunha persoa pode quedar sen a axuda dos voluntarios e que teñan presente que TODO SAIRÁ BEN se permanecemos unidos.
EXEMPLOS DE NECESIDADES QUE SE PODEN CUBRIR
– SOCIAL: familias que non poden saír polo confinamento e necesitan que alguén lle acerque a compra a unha persoa maior, persoa que por motivos de saúde non pode baixar a mascota..
– PROFESIONAL: persoas que teñen dubidas en canto a un expediente ERTE da sua empresa, dono dunha mascota que ten dubidas en canto a saude do seu animal, persoa que non sabe si ten que renovar os papeis do paro,…
– SAUDE: dúbidas en canto a hixiene e profilaxes ante coronavirus, alimentación
no confinamento, doenzas leves …
– DOCENCIA: familias ou persoas que queren aprender ou coñecer un idioma nestes días,..
– CULTURA: nenos que queiran aprender a tocar un instrumento,..
– DEPORTE: persoas que no confinamento necesitan facer deporte e non saben como adaptarse o espazo da casa,…
– LÚDICO: xente que quere coñecer cando se promoven actividades lúdicas no seu entorno, xogos online de ordenador ou
PS4,…
– RURAL: familias que non poden estar en contacto con familiares que viven aislados ou que non poden abandonar o seu lugar de residencia habitual e necesitan que algún voluntario faga algunha tarefa ou simplemente se acerque a ver si a súa familia se atopa ben.
FUNCIONAMENTO:
Dende a plataforma coordinaremos a organización e posta en contacto dos demandantes de axuda cos voluntarios que ofrezan ese servicio/axuda nas datas e horas que marcarán como dispoñibles a través do mail/teléfono.
INFORMACION E COMUNICACION DE ACCIÓNS:
Todas as comunicacións da Plataforma se farán mediante as web www.vilalbasuma.org , www.poligonosetepontes.com e as Redes Sociais da
Asociación de Empresarios Sete Pontes en Facebook: www.facebook.com/poligonosetepontes para manter informados as voluntarios
e a comunidade.
Ao mesmo tempo pódese dar difusión de novidades e outras actividades de diferentes colectivos sempre con relación a esta crise sanitaria.
RESUMO:
Como podedes ver, VILALBA SUMA tratase dunha plataforma gratuíta de colaboración cidadá que FAI POSIBLE que o voluntariado e a comunidade se poñan en contacto e así ninguén quede fora da colaboración social nestes
tempos.
A plataforma está aberta para poder sumar mais ideas, servicios e áreas de axuda según as necesidades e cuestións que os mesmos voluntarios vaiamos vendo, xa que esta crise evoluciona e cambia moi rápido.
Esta crise pódenos reforzar como sociedade e dende esta plataforma queremos servir de exemplo a toda Galicia e España mostrando que estando unidos e axundandonos uns a outros vamos a gañar esta batalla!
¿Como poden axudar as Asociacións, Empresas ou cidadáns para cubrir todas as necesidades demandadas?
- Ser seguidores da paxina de Facebook da Asociación Sete Pontes para que as publicacións se fagan conxuntamente e chegar a mais xente. https://www.facebook.com/poligonosetepontes/
- Todas as publicacións de cada Asociación en Facebook que leven o hastag #vilalbasuma e que nomeen a Asociación de empresarios Sete Pontes para poder dar difusión ás actividades solidarias dun xeito mais centralizado.
- VOLUNTARIOS: Facer publicacións propias animando aos vosos socios e seguidores a que se inscriban como voluntarios no formulario da web: https://vilalbasuma.org/formulario-colaboradores/
- BENEFICIARIOS: este e o punto mais importante, usar os medios de comunicación internos ( grupos de watsapp, telefono…) para conseguir que as personas cercanas que teñan necesidades que se inscriban como demandantes de axuda ou ben inscribilos directamente dende a asociación no formulario: https://vilalbasuma.org/formulario-solicitantes/