FELIZ SAN RAMÓN E SANTA MARÍA

 

Bos días, estimados veciños e veciñas.

 

Dende o novo equipo directivo da Asociación de Empresarios Sete Pontes, queremos desexarlle a todos os vilalbeses e vilalbesas unhas felices festas patronais.

 

Comprácenos anunciar que, durante o pasado mes de xullo, levamos a cabo unha reestruturación e renovación do equipo directivo, pasando a ser presidente Moisés Carballeira (Vilalbesa de Gasóleos), vicepresidente Pedro Vidal (Avilugo), secretario Javier Fernández (Quirino & Brokers), tesoureiro Hugo Criado (Medrar), vicesecretario Xabier Paz (Pizzca), vicetesoureiro Iván Fernández (Forma-t), vogais Celestino Graña (Dispravia), Jesús Sardiña (Sardiauto), María Carballeira (Peluquería Celia) e Álvaro Fraga (Taller Vifrauto) e suplentes Ramón Sanjurjo (Xorsa) e Fernando Rouco (Neumáticos Fernando). A todos estes cambios, temos que engadir a contratación como xerente da Asociación de Jesús Vivero.

 

Este novo equipo ven cargado de ilusión e novos proxectos que buscarán continuar reforzando o tecido empresarial vilalbés. Para elo, xa empezamos a traballar e, nos próximos meses, iremos anunciando diferentes novidades.

 

Por último, queremos dar as grazas aos socios e asociados por confiar en nos para emprender este proxecto e a Sonia Rubiños e aos membros da directiva anterior, presididos por Álvaro Fraga, polo excelente traballo desempeñado ao longo dos últimos anos.

 

Reciban un cordial saúdo e feliz día de San Ramón e Santa María.

 

 

PRESIDENTE