A Asociación de Empresarios Sete – Pontes sela un acordo con Caixa Rural Galega co obxectivo de poñer a disposición dos empresarios vilalbeses financiamento para as súas actividades produtivas. O convenio que inclúe condicións preferentes, fixa un importe de 10 millóns de euros para dedicar a operacións crediticias de diferentes modalidades dos asociados.
A Asociación cuxa finalidade é defender e promocionar os intereses profesionais dos empresarios asociados, organizar actividades de carácter informativo e formativo así como informar e asesorar aos asociados, pretende coa firma do convenio facilitar o acceso ao financiamento que poida prestar unha entidade local con vocación de permanencia e cuxos intereses están aliñados co tecido produtivo vilalbés.
Pola súa banda, Caixa Rural Galega pretende achegar a súa oferta financeira ao colectivo de asociados definindo este convenio como un instrumento que permite tender lazos co mesmo e establecer un marcos de actuación para as relacións cos asociados.
O Director de Investimento Crediticio de Caixa Rural Galega, Gabriel Guijarro, sinalou, sobre este convenio, que “trata de materializar de algún xeito a disposición da Entidade para contribuír ao desenrolo empresarial de Vilalba e a súa comarca, sempre dende unha visión local e con carácter de permanencia no tempo, enmarcado en el compromiso que a Entidade ten co el sector produtivo galego”.
O Presidente da Asociación Sete Pontes, Álvaro Fraga Castro, manifestou o seu agradecemento polo compromiso dunha Entidade “que non pechou oficinas, e da que esperamos sintonía coas inquietudes e necesidades dos asociados. En definitiva trátase de que o acordo entre ambas poida ser útil para as empresas e tamén poida contribuír a que Caixa Rural Galega incremente a súa presenza no tecido empresarial vilalbés”.