O CONCELLO SACA Á VENDA 6 PARCELAS NO POLÍGONO

Modesto Renda, responsable de Desenvolvemento Industrial  e Vicealcalde de Vilalba,  comunicoulle durante a tarde de onte a Moisés Carballeira, presidente da Asociación de Empresarios Sete Pontes, a saída á venda das 6 parcelas de titularidade municipal, correspondentes ao plan de ampliación de  Entrepinares.

 

Buscando dar maiores facilidades para a instalación de empresas en Vilalba, as novas bases presentan algunhas modificacións, como a eliminación da garantía.

 

DATOS SOBRE A SUBASTA

 

–           As seis parcelas suman en conxunto 5.600 metros cadrados e a fórmula elixida para a venda volverá ser a subasta.

–           A máis grande é de 1.052 metros cadrados de superficie edificable

–           As dúas máis pequenas teñen un tamaño de 860,80 metros cadrados.

–           As ofertas deberán presentarse dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante do Concello de Vilalba.

–           O prezo mínimo de partida é de 48,80€ o metro cadrado máis IVE.

 

OBRIGAS DO/A ADQUIRINTE

 

O adquirinte obrígase a edificar e a ter implantada a actividade especificada con todos os permisos e licenzas no prazo de tres anos.

 

A actividade debe manterse en funcionamento (dende a notificación da licenza de actividade) durante un período mínimo fixado polas bases. O Concello poderá autorizar o cese ou o cambio da actividade antes de que finalice o prazo, sempre que se acrediten causas que o xustifique.